lunes, 18 de junio de 2012

O ALEVÍN FEMININO "B" DO SEIS DO NADAL 10º CLASIFICADO DA LIGA DE VIGO ALEVÍN FEMININA 2011/2012

(O equipo Alevín Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia)

.

ALEVÍN FEMININO "B"

.

10º CLASIFICADO LIGA VIGO

.

O combinado Alevín Feminino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Beatriz Vaquero e Sabela Astray, finalizou na décima posición a competición zonal de categoría alevín feminina da presente tempada 2011/2012.

.

O equipo Seis do Nadal "B" participou na primeira fase de competición no grupo "A" de clasificación á Liga FGB Alevín Feminina. Despois dos catorce partidos da primeira fase o noso conxunto conseguiu un balance de catro vitorias e dez derrotas, finalizando a fase na sexta posición. A clasifiación final do grupo "A" foi a seguinte:

.

.

A sexta posición alcanzada na primeira fase clasificaba ao noso conxunto a disputar a segunda fase do 9º ao 12º posto xunto ao Colexio Salesianos, Colexio Mariano e Celta. O noso conxunto xogou o primeiro dos cruces desta nova fase ante o Colexio Mariano, combinado ao que superou nos dous partidos disputados por 41-20 e 17-67.

.

(O Alevín Feminino "B" despois do partido disputado en Salesianos)

 

Coas dúas vitorias ante o Colexio Mariano o Seis do Nadal "B" disputou o cruce polo 9º e 10º posto ante o Salesianos Vigo. No partido de ida xogado no Colexio Seis do Nadal venceu o Salesianos cun 49-58, deixando para o partido de volta toda a resolución do cruce, partido que seguiu a mesma tónica que o primeiro e no que volveu a vencer o Salesianos por 56 a 35. Deste xeito o equipo Alevín Feminino "B", Seis do Nadal "B", finalizaba a competición na décima posición