jueves, 31 de mayo de 2012

O INFANTIL FEMININO "A" DO CLUB 6º CLASIFICADO DA LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA 2011/2012

(O Infantil Feminino "A" nun dos encontros da Liga 1ª Div. Infantil Feminina)

.

INFANTIL FEMININO "A"

.

6º CLASIFICADO LIGA 1ª DIV.

.

O equipo Infantil Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González, Alicia Álvarez, Daniel Rodríguez e Óscar García, finalizou na sexta posición a Liga 1ª División Infantil Feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O combinada Seis do Nadal - Coia rematou na sexta posición da Liga 1ª División Infantil Feminina despois de dezaoito xornadas cun balance final de oito vitorias e dez derrotas. A clasificación final da competición foi a seguinte:

.

 

A sexta posición conseguida esta campaña na Liga 1ª División Infantil Feminina asegura a praza en dita competición para a próxima tempada 2012/2013, tendo descendido ao Campionato Infantil de 2ª División os tres últimos clasificados da táboa.

 

(Xogadoras do Infantil Feminino "A" que competiron na 1ª División)