miércoles, 30 de mayo de 2012

O CADETE FEMININO "A" A PUNTO DE SUPERAR AO BIDALAK GERNIKA NA TERCEIRA XORNADA DO NACIONAL

(Un dos tempos mortos do equipo no partido ante o Auka Bidalak Gernika)

.

XIV Campionato de España de Clubs Cadete Feminino

 

GRUPO H - 3ª xornada

 

 AUKA BIDALAK GERNIKA (Guernica) 57

 

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 54

.

O combinado Cadete Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, caeu ante o Auka Bidalak Gernika (57-54) na terceira xornada do XIV Campionato de España de Clubs de categoría Cadete Feminino celebrada o pasado martes 29 de maio do 2012.

.

O Seis do Nadal - Coia loitou ao máximo ante o Auka Bidalak Gernika buscando unha praza para os oitavos de final do campionato pero non se puido conseguir dita praza caíndo ao final do encontro por 57 a 54. A gran igualdade entre ambos conxuntos foi a tónica do encontro onde as diferenzas non superaron os sete puntos. O último dos períodos comezou con vitoria do cadro vasco por dous puntos (48-46) e aínda que as nosas xogadoras lograron adiantarse no marcador non foron capaces de aguantar a vantaxe. 

.

Pódense consultar as estadísticas do terceiro partido ante o Auka Bidalak Gerniak, correspondente á terceira xornada do Campionato de España de Clubs Cadete Feminino, pulsando aquí.

.

O Cadete Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia despídese do Campionato de España de Clubs Cadete Feminino despois de disputar tres encontros nos que foi quen de competir ata o final en cada un deles e despois de facer historia coa propia participación no nacional. Noraboa a todo o equipo: xogadoras e adestradores!