martes, 29 de mayo de 2012

OS ALEVÍNS "A" DO SEIS DO NADAL XOGARÁN A FASE FINAL DAS LIGAS FGB DE MINIBÁSQUET 2011/2012

(Os equipos Alevíns "A" clasificados para as Fases Finais das Ligas FGB)

.

O Alevín Masculino "A", adestrado por Alicia Álvarez e Borja Martínez, e o equipo Alevín Feminino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, clasificáronse para as Fases Finais das Ligas FGB de Minibásquet despois de superar os Cruces Clasificatorios.

..

A pasada fin de semana dos días 26 e 27 de maio do 2012 os equipos alevíns "A" do club disputaron os cruces clasificatorios á Fase Final da Liga FGB. En categoría masculina o Seis do Nadal - Coia superou nos dous encontros que se disputaron ao PBB Canteiras "A" de O Porriño e en categoría feminina ao Salesianos COB "Rosa" (Ourense).

 

Santiago de Compostela convértese unha tempada máis no escenario das Fases Finais das Ligas FGB de Minibásquet e será no Pavillón de Restollal onde os nosos dous conxuntos buscarán o título de campións galegos da presente tempada.

 

Os decisivos encontros desta Fase Final darán comezo ás 10:00 horas no Pavillón de Restollal. En categoría masculina buscarán o título galego xunto ao Seis do Nadal - Coia, o C.B. Culleredo, o Estudiantes de Lugo e o Muebles Vitoria Barco. Pola súa banda, no apartado feminino loitarán polo campionato galego xunto ao Seis do Nadal - Coia, o Estudiantes de Lugo, o Mercedarias (Ferrol) e o C.B. Arxil "A" (Pontevedra).

 

Os xogadores de Alicia Álvarez xogarán en semifinais ante Culleredo, e o Estudiantes de Lugo será o conxunto rival das rapazas adestradas por Aalí Mohamed. O calendario completo e os horarios da Fase Final das Ligas FGB de Minibásquet son os seguintes: