jueves, 31 de mayo de 2012

EQUIPOS DO C.BC. SEIS DO NADAL NO 6º TORNEO INTERNACIONAL 12 HORAS DE MINIBASQUETE DO GD GAFANHA

.

.

Os equipos Alevín Masculino "B" e Alevín Feminino "B" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participarán o domingo día 3 de xuño do 2012 na Edición do Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet na Gafanha de Nazaré (Portugal), organizado polo G.D.G. Basquetebol.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará un ano máis nesta actividade do G.D.B. Gafanha, estando presente desde a primeira edición xa fai seis anos. Os conxuntos que representará á entidade nesta nova ocasión serán o Alevín Masculino "B", Seis do Nadal "B", adestrado por Diego Montenegro e Aldara Martínez; e o Alevín Feminino "B", Seis do Nadal "B", adestrado e dirixido por Beatriz Vaquero e Sabela Astray.

.

Ao longo do Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet que organiza esta tempada 10/12 por sexto ano consecutivo o G.D. Gafanha, os nosos equipos xogarán diversos partidos amistosos no Pavillón Municipal de Gafanha de Nazaré a partir das 9:30 horas e ata as 17:00 horas.

.

O calendario e os horarios de xogo do 6º Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet organizado polo G.D.G. Basquetebol son os seguintes:

.

.

Participarán na Festa Final do Minibásquet de Aveiro

.

.

Os equipos Alevín Masculino "B" e Alevín Feminino "B" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participarán tamén o sábado día 2 de xuño do 2012 na Festa Final do Minibásquet da A.B. Aveiro aproveitando a nosa presenza no Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet na Gafanha de Nazaré (Portugal), sendo o Grupo Desportivo Gafanha o club organizador.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará nesta festa de fin de tempada do G.D.B. Gafanha, na que haberá partidos, xogos, vídeos, e moitas outras actividades.