martes, 7 de febrero de 2012

FERNANDO ROMAY E JOSÉ MANUEL BEIRÁN ACHEGAN A GALICIA O PROGRAMA SOCIAL "VÍA DEPORTIVA"

.

Os ex-xogadores internacionais Fernando Romay, a súa vez Director de Relacións institucionais da Fundación FEB 2014, e José Manuel Beirán ofrecerán o vindeiro venres día 17 de febreiro do 2012 na cidade de Santiago unha interesante charla-coloquio que canalizará as potencialidades formativas que o baloncesto ofrece aos nosos fillos/as e xogadores/as.

.

Este relatorio, dirixido principalmente a pais, nais e técnicos, virá seguido da proxección dun vídeo, a reflexión grupal das cuestións postas sobre a mesa e un debate sobre as posibles inquedanzas ou dúbidas de todos os alí presentes.

.

A cita compostelá suma unha parada máis á nova e positiva traxectoria que o Programa "Vía Deportiva" veu trazando ao longo de toda España en diferentes vilas e cidades, nas que a resposta de pais, nais e adestradores/as foi excelente.

.

A convocatoria galega está marcada para o venres día 17 de febreiro a partir das 20:00 horas no Hotel NH Obradoiro. A asistencia á mesma será completamente libre e de balde, poñendo ao alcance de todos e todas unha boa oportunidade de compartir opinións sobre temas sempre de referencia como son o deporte e a educación en valores.

.

O único requisito para poder achegarse a coñecer en persoa as experiencias de Romay e Beirán é a confirmación previa de assitencia, a cal deberá facerse a través do correo electrónico didacticaparapadres@feb.es.