(Breixo Solla no Centro de Tecnificación celebrado na vila de Tomiño)
.
Os rapaces e rapazas máis novos da vila de Tomiño, que xa puideron gozar o pasado día 11 de decembro dun Centro de Tecnificación, tiveron unha nova oportunidade de facelo o xa pasado domingo día 22 de xaneiro do 2012.
Os responsables deportivos da Delegación en Vigo repetiron sede co obxectivo principal de tentar aumentar o número de participantes colleitados no primeiro dos CETIS celebrados nesta vila. A última convocatoria estivo aberta ás categorías benxamín, alevín e infantil, e o horario foi de 10:30 a 13:00.
A participación desta nova xornada foi satisfactoria e un total de 20 xogadores e xogadoras acudiron a esta convocatoria. Entre o grupo de adestradores que dirixiu este novo centro de tecnificación estivo alí presente Breixo Solla, adestrador da disciplina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Breixo e os demáis adestradores recolleron moi boas vibracións da implicación de tódolos participantes polo que a delegación en Vigo repetirá visita a Tomiño durante o mes de febreiro.