jueves, 9 de febrero de 2012

A AUTOESCUELA COYA RENOVA O SEU PATROCINIO CO SEIS DO NADAL PARA A PRESENTE TEMPADA 2011/12

.

A Autoescuela Coya, cunha ampla experiencia na ensinanza para a obtención de permisos de conducir e situada na Avda. Castelao 55 - 1ºF, renova no presente mes de febreiro da tempada 2011/12 o seu patrocinio co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte da Autoescuela Coya no noso proxecto deportivo, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para o presente curso 2011/2012. Moitas grazas pola súa colaboración.