(Salto inicial dun dos partidos da primeira xornada da Liga Linco)
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia suspende a xornada da Liga Linco Linorsa 2012 do próximo venres 10 de febreiro do 2012 por motivo da folga convocada polo comité de empresa do Instituto Municipal dos Deportes (IMD) da cidade de Vigo en protesta polos desacordos laborais que manteñen os traballadores co Concello a propósito da resolución dos contratos de relevo que existen no organismo.
.
A folga convocada polo Instituto Municipal dos Deportes (IMD) para os días mércores 8, venres 10, sábado 11 e domingo 12 de febreiro; obliga ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a suspender a segunda xornada da Liga Linco Linorsa 2012 que se celebraría o venres 10 no pavillón municipal de Navia.
.
Ademais da Liga Interna de Colexios tamén se verán afectados os equipos federados do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia que terán que "emigrar" a outras pistas para disputar os seus partidos de ámbito autonómico. O equipo que verá máis alterada a súa xornada será o Sénior Masculino Autonómico que xogará o seu partido como local ante o Xuven (Cambados) no pavillón A Raña da vila de Marín.
.
Os combinados Infantil Feminino "A", Cadete Feminino "A" e o Cadete Masculino "A" tiveron que cambiar a orde dos seus partidos para xogar como visitante o partido da primeira volta que por calendario debería xogarse na cidade viguesa. Así o Infantil Feminino "A" e o Cadete Masculino "A" xogarán en O Porriño e o Cadete Feminino "A" disputará o seu partido en Ourense no pavillón Otero Pedraio.
.
As sesións de adestramento dos equipos federados e das escolas deportivas que se levan a cabo en pista municipal os mércores e venres tamén foron suspendidos esta semana pola folga convocada polo Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.