.
(Participantes do VIII Torneo de Nada 2011 do Porriño Baloncesto)
.
Os pasados días 27 e 28 de decembro do 2011 o Porriño Baloncesto Base organizou a oitava edición do seu tradicional Torneo Cadete de Nadal. Esta tempada o torneo contou con dúas series diferenciadas: o martes 27 se celebreou o torneo serie "B" e o mércores 28 de decembro se xogou a serie "A".
Catro conxuntos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participaron no VIII Torneo Cadete de Nadal 2011 do Porriño Baloncesto Base. Na serie "B" do torneo participou o Cadete Masculino "C", dirixido por Borja Martínez e David Rodríguez; e o Cadete Feminino "B", adestrado por Carlos Guada. Na serie "A", disputada o mércores 28 de decembro, participaron o Cadete Masculino "A", adestrado por César Álvarez e Diego Montenegro; e o Cadete Feminino "A", capitaneado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
(Equipos do club participantes no VIII Torneo de Nadal Serie "B")
O equipo Cadete Masculino "C" finalizou na tercera posición do igualado triangular cadete masculino da serie "B", posición na que tamén rematou o Cadete Feminino "B" no triangular de categoría feminina. As clasificacións finais da serie "B" foron as seguintes:
Torneo Cadete Masculino Serie "B"
1º- PORRIÑO BALONCESTO BASE "B"
2º- CÍA MARÍA VIGO
3º- SEIS DO NADAL "C"
Torneo Cadete Feminino Serie "B"
1º- PABELLÓN OURENSE "B"
2º- PORRIÑO BALONCESTO BASE "B"
3º- SEIS DO NADAL "B"
(Os cadetes "A" participaron na Serie "A" do Torneo de O Porriño)
O equipo Cadete Masculino "A" conseguiu a segunda praza do triangular cadete masculino da serie "A", mentres que o grupo Cadete Feminino "A" se proclamou campión do triangular de categoría feminina. As clasificacións finais da serie "A" foron as seguintes:
Torneo Cadete Masculino Serie "A"
1º- PORRIÑO BALONCESTO BASE "A"
2º- SEIS DO NADAL "A"
3º- B.B. PONTEVEDRA
Torneo Cadete Feminino Serie "A"
1º- SEIS DO NADAL "A"
2º- PORRIÑO BALONCESTO BASE "A"
3º- PABELLÓN OURENSE "A"