miércoles, 4 de enero de 2012

1ª XORNADA PARA AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS E CADETES NO CTO. DE ESPAÑA EN VALLADOLID

(A Selección Galega Infantil Feminina no Campionato de España)

.

Desde o pasado martes 3 de xaneiro do 2012 as Seleccións Galegas disputan en Valladolid o Campionato de España Infantil e Cadete de Seleccións Autonómicas, campionato que reune a máis de 1.400 participantes que dotarán de xogo a 201 partidos repartidos en 10 pavillóns.

.

Borja Astray, coa Selección Infantil Masculina; Alicia Muñoz e Mª Carmen Rodríguez, coa Selección Infantil Feminina; e Irea González e Sara Fernández, coa selección galega de categoría cadete feminina; son os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal que participan no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

.

(Borja Astray coa Selección Galega Infantil Masculina)

.

Os resultados dos primeiros partidos das Seleccións Galegas, nas que participan os nosos cinco deportistas, disputados na xornada do martes día 3 de xaneiro foron os seguintes:

.

Selección Galega Infantil Feminina (Grupo Preferente B)

09:00 h.: Cantabria 30 - Galicia 59

.

Selección Galega Infantil Masculina (Grupo Especial 2)

13:00 h.: Galicia 58 - Madrid 66

20:00 h.: Canarias 55 - Galicia 71

.

Selección Galega Cadete Feminina (Grupo Especial 2)

13:00 h.: Galicia 50 - Cataluña 75

20:00 h.: Aragón 49 - Galicia 43