(Postal da Federación Galega de Baloncesto realizada por Cío García)
.
A Federación Galega de Baloncesto felicitará as festas de Nadal da presente tempada 2011/2012 co deseño gañador no II Certame "O Nadal e o Baloncesto", deseño que pertence a Cío García, xogador alevín do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
A súa obra, titulada "En Navidad llueven balones para todos", estableceuse como a postal merecedora do primeiro posto do concurso organizado pola Federación Galega de Baloncesto, galadrón que trae consigo un premio de material deportivo máis un exemplar do libro "50 anos de Baloncesto en Galicia".
.
Así memso, a postal de Cío García é a escollida para que a Federación Galega de Baloncesto a faga chegar a tódolos clubs e entidades galegas e ás diferentes institucións coas que habitualemnte colabora para desexarlles un Bo Nadal.
.
Cío García, xogador do equipo federado Alevín Masculino "A", anteriormente xa gañara o 3º Concurso de Postais de Nadal que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, ademais de esta tempada ser a súa postal unha das finalistas da quinta edición do concurso.