(Shalom Longo co seu premio xunto a un dos equipos federados do club)
.
Esta tempada 2011/2012 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por quinto ano consecutivo a Quinta Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido aos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.
.
A postal gañadora do 5º Concurso de Postais de Nadal foi a postal presentada por Shalom Longo, xogadora do equipo federado Alevín Feminino "A" adestrada por Aalí Mohamed e Silvia Caíño e nada no ano 2000.
.
A postal gañadora do concurso realizada por Shalom Longo é a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal está a felicitar as festas esta tempada 2011/2012 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
Ademais a creadora da postal gañadora do 5º Concurso de Postais de Nadal, postal elixida entre as máis de 120 postais participantes, recibiu como premio unha das mochilas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia durante unha das sesións de adestramento dos equipos federados da entidade.