viernes, 23 de diciembre de 2011

OS NÚMEROS 8268, 3404 E 2184 GAÑADORES DOS PREMIOS DAS RIFAS DE NADAL DO SEIS DO NADAL

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia comunica que os gañadores dos premios sorteados nas Rifas de Nadal serán o posuidores dos números 8268, 3404 e 2184.

.

O posuídor do número 8268, número que coincide coas catro últimas cifras do primeiro dos premios (58.268) da Lotería Nacional de Nadal, recibirá o primeiro premio das rifas que consiste nun vale de compra de 300 euros na tenda deportiva Tiempo Muerto xunto a dúas entradas para un dos encontros do próximo ano 2012 do C.B. Breogán (Lugo) de Leb Ouro.

.

O posuídor do número 3404, número que coincide coas catro últimas cifras do segundo premio da Lotería (53.404), recibirá o segundo premio das rifas de Nadal: unha fin de semana para catro persoas na casa rural de A Casa de Aranza situada na vila de Soutomaior (Pontevedra) xunto a dúas entradas para un dos partidos do C.B. Breogán de Lugo .

.

O terceiro premio das rifas de Nadal, composto por un vale de compra de 150 euros cedido por Gadis e de dúas entradas para un dos partidos do ano 2012 do Club Ourense Baloncesto de Leb Prata, será adxudicado ao posuídor do número 2184, número que coincide coas catro últimas cifras do terceiro premio da Lotería Nacional de Nadal (02.184).

.

Os posuídores das rifas de Nadal cos números premiados deberán poñerse en contacto coa nosa entidade no número 627.516.980 ou en baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com para recoller os seus premios correspondentes.