martes, 6 de diciembre de 2011

O 5º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA XA COÑECE A POSTAL GAÑADORA

.(Postal gañadora do 5º Concurso de Postais de Nadal)

.

Esta tempada 11/12 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por quinto ano consecutivo a Quinta Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.

.

Despois de seleccionar as cinco postais finalistas, publicadas nesta páxina web, entre as máis de 120 postais que foron recibidas; o xurado, composto por membros dos equipos júnior da entidade, decidiu que a postal gañadora do 5º Concurso de Postais de Nadal sexa a presentada por Shalom Longo, xogadora do equipo federado Alevín Feminino "A" e nada no ano 2000.

.

A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas esta tempada 2011/2012 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

.

Desde a Xunta Directiva da entidade, a Dirección Deportiva e desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos darlle a noraboa e felicitar a Shalom Longo, sen esquecernos de felicitar e amosar todo noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes nesta nova edición do concurso polo seu esforzo e pola orixinalidade na realización de cada unha das postais presentadas.

.

Xa se pode acceder ás máis de 120 postais recibidas deste 5º Concurso de Postais de Nadal organizado unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na Galería de Fotos desta páxina web.