miércoles, 7 de diciembre de 2011

O C.BC. SEIS DO NADAL PRESENTE EN PONTEAREAS NO CETI ITINERANTE DA DELEGACIÓN VIGUESA DA FGB

(Deportistas e adestradores no segundo CETI da Delegación Viguesa)

.

A Delegación Zonal de Vigo da Federación Galega de Baloncesto desde o seu Departamento Técnico organizou o pasado domingo día 27 de novembro do 2011 un Centro de Tecnificación Itinerante en Ponteareas coa participación dun total de 36 rapaces e rapazas.

.

Co obxectivo de achegar a introducir o baloncesto naquelas vilas e localidades nas que non se rexistra a súa implantación, a Delegación gozou en Ponteares do tempo e do esforzo de técnicos implicados no traballo co baloncesto base, aspecto fundamental para o propósito que se leva a cabo.

.

(Carlos duarnte o desenvolvemento de CETI en Ponteareas)

.

Carlos Rodríguez, adestrador do equipo Infantil Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal, foi un dos técnicos que se desprazou a Ponteareas para realizar a actividade desde as 11:00 ata as 13:00 horas da mañá no Pavillón Álvaro Pino de dita localidade pontevedresa.