.
.
.
.
.(Postais finalistas do 5º Concuros de Postais de Nadal)
.
Esta tempada 11/12 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por quinto ano consecutivo a Quinta Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de todas as escolas deportivas.
.
A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas esta tempada 2011/2012 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando máis de 120 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.
.
Despois de seleccionar as tres postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as máis de 120 postais que foron recibidas; o xurado, composto por técnicos e xogadores dos equipos federados de categoría júnior da entidade, decidiu a postal gañadora do 5º Concurso de Postais de Nadal que será publicada ao longo desta xornada.
.
Xa se pode acceder ás máis de 120 postais recibidas deste 5º Concurso de Postais de Nadal organizado por quinta tempada consecutiva pola entidade Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na nosa "Galería de Fotos".
.
Técnicos e deportistas júnior formaron o xurado
.
O xurado do 5º Concurso de Postais de Nadal organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foi constituído por membros dos equipos federados de categoría júnior. Cada tempada tócalle a unha categoría elixir a postal ganadora do concurso entre as moitas postais recibidas.
.
.(Xogadres e adestradores do club elixindo a postal gañadora)
.
Este curso 2011/2012 o xurado do concurso estivo composto por Sergio González, Director Deportivo do club e adestrador do Júnior Masculino "A"; Sergio García e Javier Carpintero, adestradores do Júnior Masculino "B"; Óscar García, Hugo Dapena, Brais Mallo, Álex Fernández e Javier López, xogadores dos equipos júnior da entidade; e Silvia Caíño, en representación do combinado Júnior Feminino.
Despois de rematar o prazo de participación o pasado venres día 2 de decembro do 2011, os membros do xurado valoraron tódalas postais recibidas e elixiron a postal ganadora entre as cinco postais finalistas que xa foron publicadas.