domingo, 4 de diciembre de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB SUPERA AO VAL DE LEMOS NA 8ª XORNADA DA LIGA 2ª DIVISIÓN

(Xogadores do Seis do Nadal defendendo unha das accións de O Meco)

..

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 75

..

MGR VAL DE LEMOS (Monforte) 57

.

O Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia superou ao MGR Val de Lemos de Monforte de Lemos o pasado sábado día 26 de novembro no pavillón municipal de Navia, no partido correspondente á oitva das xornadas da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12.

.

O equipo adestrado por César Álvarez afrontaba este partido despois da derrota recibida na última xornada ante o Ourense Capital Termal na vila ourensá. Pola súa banda o conxunto de Monforte de Lemos chegaba ao encontro cun balance de dúas vitorias e seis derrotas, e na 11ª posición da táboa.

.

(Xogadores do Seis do Nadal defendendo un dos ataques rivais)

.

O partido disputado no polieportivo de Navia estivo dominado desde o primeiro período do encontro polo equipo local que non concedeu oportunidades ao MGR Val de Lemos de achegarse no marcador. Así, a diferenza foi aumentando en cada cuarto ata chegar ao 75-57 final no último período.

..

Despois da disputa da oitava xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 o Seis do Nadal - Coia ocupa a segunda posición da táboa co mesmo número de vitorias e derrotas que o primeiro clasificado, o Ourense Capital Termal. A clasificación completa da competición é a seguinte:

.

.

O Sénior Masculino Zonal preto da primeira vitoria

.

Pola súa banda o equipo Sénior Masculino Zonal, adestrado por Carlos Rodríguez, disputou o pasado sábado 26 día de novembro do 2011 a sétima xornada da Liga 3ª División Sénior Masculina 2011/2012. O partido se xogou no Colexio Seis do Nadal e os nosos xogadores recibiron ao equipo CB ESG Restaurante Baño María que chegaba ao encontro sen coñecer a vitoria na competición.

.

Despois dun encontro que destacou pola igualdade de ambos conxuntos a vitoria foi para o equipo visitante cun 61-64 final. O noso conxunto continúa sen conseguir estrear o seu casilleiro de vitorias pero a maioría dos partidos son disputados ata o final e decididos por diferenzas moi curtas.

.

O Sénior Feminino suma unha nova vitoria

.

O Sénior Feminino do club dirixido por Francisco J. García disputou na súa xornada de descanso o partido aprazado ante o Cía de María de Santiago de Compostela. O encontro se xogou o pasado domingo día 27 de novembro do 2011 ás 12:00 horas no Colexio Seis do Nadal (Vigo).

.

Un bo inicio de partido cunha considerable vantaxe axudou ás xogadoras do equipo Sénior Feminino a conseguir unha nova vitoria por 63-46, a que sería a quinta vitoria nos oito primeiros partidos disputados na Liga 2ª División Sénior Feminina 11/12 da presente tempada.