jueves, 10 de noviembre de 2011

XOGADORAS DO CLUB NA ÚLTIMA CONCENTRACIÓN DA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA

.

A pasada fin de semana a preselección galega de categoría cadete feminina dobrou traballo. Se na recente ponte festiva do día 1 de novembro foron as catro preseleccións infantís e cadetes as que aproveitaron para adestrar, o pasado domingo día 6 de novembro foi a turno novamente do combinado de categoría cadete feminina.

.

Cunha convocatoria na que se agrupou a 14 xogadoras, a preselección exercitouse o pasado domingo en Santiago de Compostela, no pavillón do Instituto Rosalía de Castro. A xornada comezou ben pronto, coas 9:30 horas como hora de inicio, para espallar o seu tempo de adestramento ata as 18:30 horas da tarde.

.

Tres xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron convocadas entre as 14 xogadoras: Sara Araújo, Sara Fernández e Irea González, as tres xogadoras do conxunto Cadete Feminino "A" e adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, representaron ao club de Coia nesta concentración.

.

Esta foi a cuarta concentración desde o mes de outubro que afrontou esta selección, aínda en fase de preparación, e que atravesou o pasado domingo o ecuador da mesma. Por diante, réstanlle catro convocatorias que darán paso ao Campionato de España.