viernes, 11 de noviembre de 2011

O CADETE MASCULINO "A" DO CLUB INICIA A LIGA 1ª DIVISIÓN CADETE MASCULINA ESTA FIN DE SEMANA

.

O equipo Cadete Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por César Álvarez e Diego Montenegro, xa coñece o calendario de xogo da Liga 1ª División Cadete Masculina da presente tempada 2011/2012.

.

O equipo finalizou a primeira das fases da categoría, a Copa Galicia desta nova tempada 2011/2012. O Cadete Masculino "A" da entidade estivo encadrado no grupo "B" da Copa Galicia xunto ao Porriño Baloncesto Base Canteiras "A", o Santo Domingo Betanzos e o Estudiantes Lugo Leyma Natura. Cun balance de dúas vitorias e catro derrotas o noso conxunto rematou na terceira posición da clasificación do grupo:

.

.

A Liga 1ª División Cadete Masculina estará integrada por 12 equipos que xogarán nun grupo único por sistema de liga a dobre volta todos contra todos, disputándose un total de 22 xornadas. Os equipos que conforman dita competición son:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

COB SALESIANOS "A" (Ourense)

MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

MARISTAS "A" (Vigo)

SANTO DOMINGO BETANZOS (Betanzos)

AVIVA SYO (A Coruña)

AUTOCARES J. POMBO BCA (A Coruña)

COMPAÑÍA DE MARÍA SANTIAGO (Santiago)

NORINVER NARÓN (Narón)

ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (Lugo)

PORRIÑO BTO. BASE CANTEIRAS (O Porriño)

NOVACAIXAGALICIA INST. ROSALÍA (Santiago)

.

Despois do sorteo do calendario celebrado o pasado día 24 de outubro o conxunto Cadete Masculino "A" comezará a Liga 1ª División Cadete Masculina recibindo ao Marín Peixegalego o próximo sábado día 12 de novembro ás 18:00 horas no Polideportivo de Navia. Pódese consultar o calendario de xogo completo pulsando aquí.

.

Equipos do club na Liga 2ª División Cadete Masculina

.

Na mesma categoría e na Liga 2ª División Cadete Masculina, encadrados no grupo "E", compiten o Cadete Masculino "B" e o Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal, equipos que xa disputaron sete xornadas da súa competición.

.

O equipo Cadete Masculino "B", adestrado por Breixo Solla e Andrés Álvarez, disputou sete partidos da liga cun balance dunha vitoria e seis derrotas, pero amosando unha constante melloría en cada un dos partidos disputados e competindo na súa gran maioría. Esta xornada o Seis do Nadal "B" xogará ante o Porriño Bto. Base Canteiras "B" o próximo domingo día 13 de novembro ás 10:00 horas no Pavillón Municipal de Navia.

.

Pola súa banda, o Cadete Masculino "C", dirixido por Borja Martínez e David Rodríguez, conseguiu catro vitorias dos sete partidos disputados da Liga 2ª División disputando cada un deles froito do traballo do conxunto nos adestramentos. Esta xornada o Seis do Nadal "C" disputará dous partidos: o sábado día 12 xogará ante o C. Mariano ás 10:00 horas no Colexio Seis do Nadal, e o domingo 13 xogará ante o San José de la Guía ás 12:00 horas no Colexio San José de la Guía.