lunes, 7 de noviembre de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO CONSEGUE UNHA NOVA VITORIA EN MARÍN E XA É LIDER DA 2ª DIVISIÓN

(Equipo Sénior Masculino Autonómico despois do partido en Marín)

..

MARÍN PEIXEGALEGO (Marín) 47

..

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 77

.

O Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conseguiu unha nova vitoria o pasado sábado día 5 de novembro do 2011 en Marín, no Pavillón de A Raña, no partido correspondente á quinta das xornadas da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12 que enfrontaba ao noso conxunto e ao Marín Peixegalego.

.

Esta nova vitoria conseguida na vila de Marín, quinta vitoria da tempada, converte ao Seis do Nadal - Coia, equipo adestrado e dirixido por César Álvarez, no novo líder en solitario da Liga 2ª División Sénior Masculina.

.

(Salto inicial do partido disputado en Marín nesta xornada)

.

No partido disputado en Marín o combinado do Seis do Nadal dominou no primeiro e no segundo cuarto, destacando o xogo interior do equipo e a elaboración de rápidos contraataques. Ao final do primeiro período o electrónico reflexaba un 7-19 a favor do equipo visitante, chegando ao descanso cunha diferenza máis ampla (15-38).

.

Na segunda metade do encontro o Peixegalego buscou cunha defensa zonal intentar dificultar o xogo ofensivo do equipo vigués, pero unha boa ciruclación de balón axudada dun gran acerto no tiro exterior fixo que o Seis do Nadal ampliara a súa vantaxe ao remate do terceiro dos períodos (26-58). No último período se mantivo a vantaxe conseguida no anterior período chegando ao remato do encontro cun marcador 47 a 77.

..

Despois da disputa da quinta xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12 o Seis do Nadal - Coia convértese no líder da competición ocupando a primeira posición da táboa en solitario, e cunha vitoria de vantaxe sobre o Ourense Capital Termal e o C.B. Baiona. A clasificación completa da competición é a seguinte:

.