viernes, 2 de septiembre de 2011

OS EQUIPOS INFANTÍS "A" DO CLUB XA COÑECEN AOS SEUS RIVAIS NA LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL 2011/2012

.

Rematado ás 18:00 horas do pasado venres 2 de setembro o prazo de inscrición dos equipos para as Primeiras Divisións Infantís 2011/2012, de categoría masculina e feminina, a Federación Galega de Baloncesto fixo públicas as dúas relacións completas dos equipos que formarán parte delas.

.

As relacións dos conxuntos participantes en cada competición configúrase en función dos clubs que xa contaban con praza e dos equipos que a obteñen tras a aplicación dos baremos de puntuación correspondentes e establecitos polo Comité de Actividades da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia contará con praza na Liga 1ª División Infantil Masculina, na que participará o Infantil Masculino "A" adestrado por Albert Tomas e Carlos Guada, así como na Liga 1ª División Infantil Feminina, na que xogará o equipo Infantil Feminino "A" dirixido por Sergio González, Alicia Álvarez e Daniel Rodríguez.

.

Os doce equipos que participarán na Liga 1ª División Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto son:

.

Seis do Nadal - Coia (Vigo)

Estudiantes Lugo Leyma Natura (Lugo)

B.C.A. (A Coruña)

B.B. Pontevedra "A" (Pontevedra)

COB Salesianos "A" (Ourense)

Hotel Almirante (Ferrol)

Novacaixagalicia Instituto Rosalía (Santiago de Compostela)

Maristas "A" (Vigo)

Porrioñ Baloncesto Base Canteiras (O Porriño)

Sant Yago (A Coruña)

Santo Domingo Betanzos (Betanzos)

Carmelitas Ourense (Ourense)

.

Pola súa banda, os dez conxuntos que esta tempada militarán na Liga 1ª División Infantil Feminina son:

.

Seis do Nadal - Coia (Vigo)

Carmelitas Ingatel (Ourense)

Peleteiro (Santiago de Compostela)

C.B. Arxil (Pontevedra)

Maristas Coruña (A Coruña)

Celta Maristas (Vigo)

Compañía de María Vigo "A" (Vigo)

Porriño Baloncesto Base Canteiras (O Porriño)

Cortegada (Vilagarcía de Arousa)

Estudiantes Lugo (Lugo)

.

Deste xeito, un curso deportivo máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia de Vigo volverá a ter representación nas dúas categorías, masculina e feminina, da Liga 1ª División Infantil 2011/2012 da Federación Galega de Baloncesto.