martes, 30 de agosto de 2011

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA NA PRESENTACIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS

(O alcalde de Vigo e o concelleiro de Deportes durante a presentación do programa municipal de Escolas Deportivas)

.

O pasado martes día 30 de agosto do 2011 foi presentado o programa municipal de Escolas Deportivas no Pavillón das Travesa coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes e presidente do Instituto Municipal dos Deportes, Manel Fernández; e ante unha ampla representación dos clubs, técnicos e deportistas do programa de formación.

.

Na pista central do pavillón municipal de As Travesas, o alcalde anunciou a apertura en setembro dos prazos para a inscrición  no novo programa de Escolas Deportivas que este ano aumenta a súa gran oferta.

.

O programa municipal das Escolas Deportivas contará no novo curso 2011/2011, que comezará o próximo 3 de outubro e se prolongará durante oito meses ata o día 31 de maio do 2012, cunha oferta de máis de 4.068 prazas en 26 modalidades para nenos e nenas empadroados en Vigo e nados entre 1995 e 2005 (de 6 a 18 anos).

.

.

(Xogadoras do club de baloncesto do Seis do Nadal xunto aos xogadores de balonmán do Seis do Nadal, no acto de presentación)

.

En total, 41 clubs e entidades deportivas, xunto con cinco federacións galegas impartes as súas ensinanzas contando cun completo cadro técnico de adestradores e monitores que traballan para os nenos e nenas nos complexos polideportivos e nos pavillóns correspondentes.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará integrado un curso máis no programa municipal de Escolas Deportivas, que esta tempada contará con preto de 500 prazas dispoñibles e abertas a tódolos rapaces e rapazas que desexen practicar o deporte da canastra. O club vigués "seisnadalista" impartirá a actividade de baloncesto nos pavillóns municipais de Balaídos, Berbés e Navia así como en diferentes colexios da cidade.

.

Apoio "total" aos clubs de base

.

O alcalde de Vigo tamén anunciou durante o acto aos clubs e entidades deportivas que en setembro comezará a recibilos para canalizar un maior empeño no deporte de base. "Hai unha posta nosa total e absoluta a tódolos ámbitos do deporte local; o de elite está sendo apoiado e queremos ter unha maior dedicación ao deporte de base, por iso reunirémonos cos clubs para, sabendo obxetivos e recursos, poder preparar unha actuación planificado a catro anos vista para conseguir por medio dunha acción coordinada, acordada e convencia unha época aínda máis brillante que a anterior", dixo.

.

.

(As xogadoras do club que asistiron a presentación do programa municipal das Escolas Deportivas xunto aos seus técnicos, Jorge e Ignacio)

.

No acto estiveron presentes tamén xogadores e xogadoras das escolas deportivas municipais que representaron a Vigo este verán nos Xogos do Eixo Atlántico 2011, en Matosinhos, e que acadaron as súas medallas en baloncesto feminino, balonmán masculino e atletismo. As xogadoras e adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que formaron parte do equipo de baloncesto feminino que competiu nos Xogos do Eixo Atlántico estiveron presentes no acto de presentación do programa municipal das Escolas Deportivas.

 

Ao acto de presentación tamén asistiron Francisca García, Secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e Sergio González, Director Deportivo da entidade, quenes amosaron o seu apoio ao deporte base e ao fomento do baloncesto entre os máis pequenos.