domingo, 28 de agosto de 2011

II CLINIC DE BALONCESTO 2011 ORGANIZADO POLO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal organizará nesta nova tempada 2011/2012 o II Clínic de Baloncesto 2011 dirixido a técnicos, adestradores e monitores o próximo sábado día 3 de setembro do 2011 no Colexio Celso Emilio Ferrerio en Coia (Vigo).

.

Seguindo a liña de actuación no ámbito deportivo das pasadas campañas, o club adica os primeiros meses de cada tempada á formación constante e continua dos técnicos e monitores da entidade, e dos adestradores vigueses e galegos en xeral. Nas pasadas campañas o club olívico organizaba diversas charlas fomativas nos meses de agosto e setembro, sendo a pasada tempada 2010/2011 a primeira que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou un Clinic de Baloncesto, iniciativa que ten a súa continuidade este ano co II Clínic de Baloncesto.

.

Os ponentes do II Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrará o próximo sábado día 3 de setembro do 2011 serán Óscar Lata, Adestrador Superior de Baloncesto que estivo integrado recentemente na canteira do Joventut de Badalona realizando traballos de tecnificación e seguimento xunto a Sito Alonso e Jordi Martí, e que viviu as súas experiencias no baloncesto nacional profesional e incluso no baloncesto internacional na Primeira División de México; Carlos Maceiras, tamén Adestrador Superior de Baloncesto que milita recentemente no Eduardo Blanco Amor de Ourense e que adestrou, entre outros, nos equipos Marín Peixegalego e Celso Míguez de Pontevedra, club no que tamén foi Director Deportivo; e Pablo Sánchez, Preparador Físico do C.Bc. Seis do Nadal - Coia desde a tempada 08/09 e Licenciado en INEF.

.

O II Clinic de Baloncesto comezará as 10:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro en Coia, hora na que se fará entrega da documentación das formacións. Ao longo da mañá haberá dúas charlas prácticas ligadas á técnica individual: a primeira ás 10:15 horas estará dirixida por Carlos Maceiras e versará sobre "A transición ofensiva desde a técnica individual". No segundo turno de mañá, xa ás 12:00 horas, a formación práctica será levada a cabo por Óscar Lata, quen explicará "A técnica invididual no ataque por espazos".

.

Na xornada da tarde, os asistentes poderán presenciar dúas ponencias, tamén prácticas, que se centrarán no "Traballo de técnica individual no Joventut de Badalona" e "Novas tendencias na aceleración e desaceleración", que serán tratadas por Óscar Lata e Pablo Sánchez respectivamente.

.

Escola Galega de Adestradores

.

A asistencia a este II Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia establece un ano máis outro aliciente formativo con múltiples coñecementos que se exporán sobre a pista. Así, a participación no mesmo validarase como 6 horas de formación práctica para os alumnos dos cursos de Nivel 1 e Nivel 2 da Escola Galega de Adestradores de Baloncesto da Federación Galega de Baloncesto.

.

Inscrición

.

O II Clinic de Baloncesto é unha actividade gratuíta e aberta a tódolos adestradores interesados en asistir. Tódolos aqueles técnicos interesados en formar parte desta actividade formativa deberán enviar un correo electrónico co seu nome e apelidos así como o clube ou entidade ao que pertencen ao seguinte enderezo: baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.