viernes, 26 de agosto de 2011

O CADETE FEMININO "B" DO CLUB DA PRÓXIMA TEMPADA 2011/12 ESTARÁ ADESTRADO POR CARLOS GUADA

.. ..

.

O equipo Cadete Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/2012 estará adestrado por Carlos Guada, adestrador que se incorporará esta nova tempada 2011/2012 ao corpo técnico da entidade.

.

Carlos Guada incorpórase esta tempada 2011/2012 ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, despois de adestrar na pasada tempada 2010/2011 no Club Baloncesto 6,25 Ponferrada ao Infantil Masculino Provincial, e dirixir ao Infantil Masculino Autonómico no Club Baloncesto Santa Marta na tempada 2009/2010. Ademais Carlos Guada é monitor e director do Campus de Baloncesto Ponferrada desde o pasado ano 2006.

.

Ademais do equipo Cadete Feminino "B", que estará formado por xogadoras nadas nos anos 1996 e 1997, Carlos Guada tamén estará vinculado ao combinado Infantil Masculino "A", grupo no que xa desenvolve funcións de adestrador axudante.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O conxunto Cadete Feminino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns 29 de agosto ás 19:00 horas no Colexio Seis do Nadal.