viernes, 19 de agosto de 2011

INSCRICIÓNS DEFINITIVAS NA LIGA 2ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 2011/12

.

O pasado venres día 12 de agosto do 2011 ás 13:00 horas rematou o prazo que se establecera para cubrir as vacantes a completar das distintas ligas de categoría sénior autonómicas da Federación Galega de Baloncesto.

.

Os equipos que participarán de xeito definitivo na nova Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12 da Federación Galega de Baloncesto, na que participará o conxunto sénior do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia son:

.

C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo)

Culleredo (Culleredo)

C.B. Baiona (Baiona)

Maristas Coruña (A Coruña)

Cenor Cluny (Santiago)

Novacaixagalicia Instituto Rosalía Castro (Santiago)

Emparese Narón (Narón)

C.B. Allariz (Allariz)

Cruz Alta (Ourense)

Xuven (Cambados)

C.B. O Meco (O Grove)

C.B. Cambre (Cambre)

Arteixo (Arteixo)

Sagrado Corazón (Lugo)

Marín Peixegalego (Marín)

Preciosport.com ADFRO (A Coruña)

Recimil (Ferrol)

Carballo Basket (Carballo)

Vinacoteca Lembranza Liceo Casino (Vilagarcía)

C.B. Atocha (A Coruña)

Oso Polar Costa da Morte (A Coruña)

A.B.O. (Ourense)

Val de Lemos (Monforte)

O Grove (O Grove)

.

A Liga 2ª División Sénior Masculina cubriu as tres vacantes existentes, polo que son 24 os equipos inscritos para esta nova tempada 2011/2012.