viernes, 2 de septiembre de 2011

OS EQUIPOS CADETES "A" DO CLUB PARTICIPARÁN NAS LIGAS 1ª DIVISIÓN DE CATEGORÍA CADETE 2011/2012

.

Rematado ás 18:00 horas do pasado venres 2 de setembro o prazo de inscrición dos equipos para as Primeiras Divisións Cadetes 2011/2012, de categoría masculina e feminina, a Federación Galega de Baloncesto fixo públicas as dúas relacións dos equipos que conformarán ditas competicións.

.

As relacións dos conxuntos participantes en cada competición configúrase en función dos clubs que xa contaban con praza e dos equipos que a obteñen tras a aplicación dos baremos de puntuación correspondentes e establecitos polo Comité de Actividades da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia contará con praza nas dúas Ligas 1ª División Cadetes; en categoría masculina, e debido á puntuación dos baremos establecidos, participará o Cadete Masculino "A", capitaneado por César Álvarez e Diego Montenegro, e en categoría feminina, pola praza da tempada pasada, o Cadete Feminino "B", adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez.

.

Os doce equipos que participarán na Liga 1ª División Cadete Masculina desta tempada son:

.

Seis do Nadal - Coia (Vigo)

Marín Peixegalego (Marín)

Estudiantes Lugo Leyma Natura (Lugo)

Norinver Narón (Narón)

Santo Domingo de Betanzos (Betanzos)

Compañía de María Santiago (Santiago de Compostela)

COB Salesianos "A" (Ourense)

Novacaixagalica Instituto Rosalía (Santiago de Compostela)

Porriño Baloncesto Base Canteiras (O Porriño)

Maristas "A" (Vigo)

B.C.A. (A Coruña)

Sant Yago (A Coruña)

.

A Liga 1ª División Cadete Feminina 2011/12 estará formada polos seguintes dez combinados:

.

Seis do Nadal - Coia (Vigo)

Carmelitas Seoane Rodicio (Ourense)

Arxil "A" (Pontevedra)

Pontumio Óptica Tábora (Pontedeume)

Pabellón Ourense (Ourense)

Celta Maristas (Vigo)

Maristas B.C.A. (A Coruña)

Compañía de María Vigo (Vigo)

Porta XI Ensino (Lugo)

Mercedarias (Ferrol)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia consegue desta forma estar presente na nova tempada 2011/2012 nas dúas Ligas 1ª División Cadetes da Federación Galega de Baloncesto, tanto en categoría masculina como en categoría feminina