miércoles, 14 de septiembre de 2011

O EQUIPO INFANTIL FEMININO "B" DO CLUB ESTARÁ DIRIXIDO POR AALÍ MOHAMED A PRÓXIMA TEMPADA

.. ..

.

O equipo Infantil Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/2012 estará adestrado por Aalí Mohamed, adestrador que continuará formando parte do corpo técnico da entidade desde que, xunto a un grupo de colaboradores, favoreceu o inicio do club no ano 1983.

.

Na súa primeira tempada Aalí Mohamed contribuiu a prantar o xerme inicial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha das canteiras máis importantes da cidade de Vigo así como da comunidade galega. Nesta nova tempada deportiva 2011/2012, e despois de vinteoito tempadas na nosa entidade, adestará ao conxunto Infantil Feminino "B".

.

O equipo Infantil Feminino "B" estará formando na súa maior parte por xogadoras de primeiro ano que o técnico coñece á perfección xa que estiveron nas súas máns a tempada pasada 2010/2011 no equipo Alevín Feminino "A".

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O conxunto Infantil Feminino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo martes 13 de setembro ás 17:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro en Coia.