.
O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/2012 estará adestrado e dirixido por Alicia Álvarez e Borja Martínez, e conformado por xogadores alevíns de segundo ano nados no ano 2000.
.
Alicia Álvarez cumprirá este ano a súa quinta tempada como adestradora do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixindo ao Alevín Masculino "A", equipo ao que xa adestrou a tempada pasada sendo alevíns de primeiro ano e en categoría benxamín.
.
Borja Martínez compaxinará, na súa terceira campaña como adestrador da entidade, a dirección do Cadete Masculino "C" coas funcións de adestrador axundante no combinado Alevín Masculino "A".
.
O Alevín Masculino "A" participará na súa primeira semana de adestramentos no II Torneo Alevín "Festas do Cristo" que organizará o Porriño Baloncesto Base o próximo sábado 17 de setembro do 2011 nas prazas porriñesas de O Concello e de O Cristo e que se celebrará desde as 10:00 horas, hora de inicio dos primeiros partidos, ata as 19:00 horas, hora prevista para a cerimonia de clausura.
.
Inicio adestramentos de pretempada
.
O equipo Alevín Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo martes 13 de setembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal.