miércoles, 14 de septiembre de 2011

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

Estimados/as Socios e Socias:

.

A Xunta Directiva en funcións do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convócavos á Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar no Ximnasio do CEIP Seis do Nadal o venres 30 de setembro do 2011 en primeira convocatoria ás 20:00 horas e ás 20:30 horas en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

.

1º- CONSTITUCIÓN DA MESA ELECTORAL

.

2º- VOTACIÓN RENOVACIÓN XUNTA DIRECTIVA

.

3º- PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS ELIXIDOS

.

4º- SUXESTIÓNS E PREGUNTAS

.

Agardando a vosa participación, saúdanvos moi atentamente

.

A Xunta Directiva

.

.

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DO

CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

CALENDARIO ELECTORAL

.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL:

Do 01/09/2011 ata 07/09/2011. Listado de socios e socias con voz e voto na Asemblea Xeral, exposto nas oficinas do Club dentro das instalacións do Colexio Seis do Nadal de 20:00 a 20:30 horas.

.

RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL:

Do 07/09/2011 ata 09/09/2011.

.

RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL:

12/09/2011.

.

EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL DEFINITIVO :

13/09/2011.

.

PRAZO PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS:

Do 13/09/2011 ata 20/09/2011.

.

PROCLAMACIÓNS DAS CANDIDATURAS:

20/09/2011 (mínimo 5 e máximo 10 candidatos/as).

.

RECLAMACIÓNS ÁS CANDIDATURAS:

Do 20/09/2011 ata 23/09/2011.

.

PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS DEFINITIVAS:

23/09/2011 ás 20:30 horas.

.

VOTACIÓNS: Durante a celebración da ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que terá lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal, o venres, 30 de setembro do 2011 en primeira convocatoria ás 20:00 horas, e ás 20:30 horas xa en segunda convocatoria. A votación será en horario de 21:00 a 21:30 horas.