martes, 27 de septiembre de 2011

O COMITÉ GALEGO DE ÁRBITROS ACTIVA A SÚA NOVA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN PARA A TEMPADA 2011/12

.

O referente galego dos colexiados de baloncesto acende unha tempada máis a luz verde dos seus procesos formativos e pon en marcha os seus cursos de iniciación.

.

O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto abriu o proceso de inscrición para os novos cursos de iniciación á arbitraxe e ás labores varias de oficial de mesa. Coa chegada da nova tempada, e cos primeiros encontros xa en disputa, o Comité presenta unha nova oferte formativa que abrangue a todas as delegacións da Federación Galega de Baloncesto.

.

Así, ata o vindeiro día 7 de outubro, todos os interesados en integrarse na dinámica do Baloncesto desde a perspectiva da arbitraxe poderá solicitar a súa participación nos diferentes cursos. Celebrarase un curso presencial por cada delegación, sempre que exista un mínimo de alumnos que o permita. E de non ser así, a formación non quedará anulada, senón que se dará entrada á posibilidade de realizar o curso on-line.

.

Tódolos alumnos poderán acceder aos cursos totalmente de balde, rexistrando unha carga formativa de 20 horas no caso dos colexiados e de 5 horas para os oficiais de mesa, tempo no que se compaxinará a teórica e a práctica.

.

Requisitos para a inscrición

.

As sete delegacións da Federación Galega de Baloncesto atenderán todas as peticións de información e inscricións que se realicen. Cada alumno deberá tramitar a súa participación na delegación da súa zona xeográfica, achegándose en persoa ata a mesma. Alí poderanse consultar os datos completos dun proceso que se iniciará ben pronto, levantándose o telón das aulas o vindeiro 10 de outubro.