lunes, 26 de septiembre de 2011

BEATRIZ VAQUERO ADESTRARÁ AO EQUIPO ALEVÍN FEMININO "B" DO CLUB A PRÓXIMA TMEPADA 2011/12

.. ..

.

O conxunto Alevín Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/2012 será dirixido por Beatriz Vaquero, adestradora que cumprirá a súa cuarta tempada formando parte do grupo de técnicos e adestradores do club.

.

O Alevín Feminino "B" estará formado por xogadoras nadas no ano 2001, xogadoras que xogarán a súa primeira tempada na categoría alevín despois de militar a pasada tempada 2010/11 na categoría benxamín.

.

Beatriz Vaquero adestrará ao equipo Alevín Feminino "B" do club volvendo ao minibásquet tras adestrar na pasada tempada 2010/2011 ao Infantil Feminino "B" do club e ser a adestradora delegada do Infantil Feminino "A" que participaba na Liga FGB Infantil Feminina.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Alevín Feminino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo martes día 27 de setembro ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal en Coia.