domingo, 25 de septiembre de 2011

COMEZAN OS ADESTRAMENTOS DO ALEVÍN MASCULINO "B" DO CLUB DIRIXIDO POR DIEGO MONTENEGRO

.. ..

.

O equipo Alevín Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/2012 estará adestrado por Diego Montenegro, adestrador que cumprirá a súa cuarta campaña formando parte do corpo técnico da entidade, labor que compaxina coa súa faceta como xogador do club.

.

O equipo estará composto por xogadores de categoría alevín de primeiro ano nados no ano 2001, xogadores que a tempada pasada 2010/2011 formaban parte do Benxamín Masculino "A" da entidade e que na presente campaña viviran o seu primeiro curso como xogadores alevíns.

.

Diego Montenegro adestrará ao equipo Alevín Masculino "B" do club, ao mesmo tempo que realiza funcións de adestrador axudante no equipo Cadete Masculino "A", conxunto que milita na Liga 1ª División Cadete Masculina. Ademas tamén defende a camiseta do Seis do Nadal como xogador, formando parte do equipo Sénior Masculino "B" desta campaña.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O grupo Alevín Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns 26 de setembro ás 17:30 horas no Colexio Illas Cíes en Coia.