martes, 27 de septiembre de 2011

ANDRÉS ÁLVAREZ E SANDRA SOLANO DIRIXIRÁN AO EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO "B" A PRÓXIMA TEMPADA

.

O equipo Benxamín Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/12 estará adestrado e dirixido por Andrés Álvarez e Sandra Solano.

.

Andrés Álvarez cumprirá a súa segunda campaña deportiva formando parte do corpo técnico da entidade e compaxinará os adestramentos do grupo Benxamín Masculino "B" co conxunto Cadete Masculino "B" do que é adestrador axudante xunto a Breixo Solla, ao igual que na pasada tempada.

.

Sandra Solano completará a dupla de técnicos que dirixirá ao grupo Benxamín Masculino "B" despois da súa experiencia as pasadas tempadas nas escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Deste xeito, a dirección deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia segue cumprindo o seu obxectivo de incorporar ao grupo de adestradores e adestradoras do club, a xogadores e xogadoras con interese en comezar a súa andanza como técnicos de baloncesto.

.

Segundo as Bases de Competición da nova tempada 2011/12 o conxunto Benxamín Masculino "B", formando na súa maior parte por xogadores nados no ano 2003, participará nunha primeira fase local, competición previa á fase de clasificación que dará acceso á Fase Final do Campionato Galego. Esta tempada o Benxamín Masculino "B" do club competirá na nova categoría benxamín Masculina-Mixta.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O grupo Benxamín Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo mércores día 28 de setembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal en Coia. Os días de adestramento deste equipo ao longo da tempada serán luns, mércores e venres de 16:00 a 17:30 horas nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.