domingo, 7 de agosto de 2011

BREIXO SOLLA E ANDRÉS ÁLVAREZ ADESTRARÁN E DIRIXIRÁN AO CADETE MASCULINO "B" DO CLUB

.

O equipo Cadete Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/2012 estará adestrado e dirixido por Breixo Solla e Andrés Álvarez, e composto por xogadores nados nos anos 1996 e 1997.

.

Breixo Solla será, na súa sétima tempada formando parte do corpo técnico do noso club, o adestrador principal do Cadete Masculino "B", ademais do adestrador axudante do combinado Júnior Masculino "A", equipo que xa cumpriu a súa primeira semana de adestramentos.

.

Breixo Solla estará acompañado por Andrés Álvarez, xogador do club desde as categorías inferiores e que cumprirá a súa segunda tempada como adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal despois da súa incorporación na pasada tempada 2010/11, e o fará como adestrador axudante do grupo Cadete Masculino "B".

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Cadete Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo mércores 17 de agosto ás 18:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro.