martes, 9 de agosto de 2011

CARLOS RODRÍGUEZ, NOVO TÉCNICO DO SEIS DO NADAL, DIRIXIRÁ AO SÉNIOR MASCULINO "B" DO CLUB

.. ..

.

O conxunto Sénior Masculino "B" estará adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, adestrador superior que se incorpora ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta nova tempada 2011/2012.

.

Carlos Rodríguez comezou a súa andaza como adestrador na tempada 1991/1992 e ao longo de vinte anos como técnico adestrou na antiga Unión Baloncesto Porriño (UBP), no Porriño Baloncesto Base, no C.B. Caselas e no C.B. Tui, ademais de formar parte do corpo técnico da Selección Galega durante tres tempadas. Na súa longa carreira como adestrador, Carlos Rodríguez dirixiu equipos que militaban na 1ª División Nacional Feminina na tempada 1997/98, 2ª División Nacional feminina (1996/97), na 1ª Divsión Nacional Masculina (03/04), 1ª División Autonómia masculina (02/03), ademais de adestrar conxuntos nas categorías inferiores de base.

.

O equipo Sénior Masculino "B" competirá nesta nova tempada 2011/2012 na Liga 3ª División Sénior Masculina, despois de conseguir o ascenso á antiga División "A" na pasada tempada 2010/2011. A competición estará composta por 60 conxuntos que se dividirán en 6 grupos de 10 equipos, distribuídos por proximidade xeográfica.

.

O grupo adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, debutará na competición a fin de semana do 16 de outubro, sorteándose o calendario da fase regular o mércores día 14 de setembro.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O conxunto Sénior Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo mércores 17 de agosto ás 20:30 horas no Colexio Seis do Nadal.