sábado, 6 de agosto de 2011

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA XA TEN PÁXINA OFICIAL EN TWITTER

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia inaugura neste inicio da tempada 2011/2012 a páxina Oficial da entidade en Twitter, onde xa podes facerte seguidor do club.

.

A través da incorporación dun espazo na coñecida páxina web, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia continua buscando facer máis dispoñible e accesible a información da entidade invitando a que se apunten xogadores, adestradores, árbitros, periodistas, directivos, familiares e aficionados do deporte.

.

Desde o teu perfil en Twitter, xa podes facerte seguidor da páxina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e estar ao día das principais actualizacións multimedia da entidade. O perfil do club creado dentro da coñecida Web Twitter permitirá a tódolos usuarios relacionarse con xogadores, seguidores, familiares e amigos dentro dunha red que xa conta con millóns de usuarios en todo o mundo.

.

Trátase dun novo instrumento do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia no seu continuo afán de renovarse e modernizarse constantemente, ademais de utilizar e de conseguir tódalas formas posibles de levar a actualidade do baloncesto do club ao maior número de persoas.

.

Rexístrate xa en Twitter, accede á web www.twitter.com, pulsa na imaxe desta entrada ou pulsa no enlace do menú esquerdo desta páxina web, e faite seguidor da páxina Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.