jueves, 28 de julio de 2011

SERGIO GONZÁLEZ E BREIXO SOLLA DIRIXIRÁN AO JÚNIOR MASCULINO "A" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 11/12

.

O equipo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/2012 estará adestrado e dirixido por Sergio González e Breixo Solla, e formado por xogadores nados nos anos 1994 e 1995.

.

Sergio González cumprirá este ano a súa novena tempada como membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, sendo o adestrador principal do equipo Júnior Masculino "A", categoría que xa ten ben coñecida despois da experiencia na competición das pasadas tempadas.

.

Breixo Solla desenvolverá as funcións de adestrador axudante do Júnior Masculino "A", xunto a Sergio González, na que será a súa sétima tempada como adestrador do club de Coia desde os seus comezos como técnico na tempada 2005/2006.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

Os xogadores do equipo Júnior Masculino "A", xogadores que adestraron a tempada pasada 2010/11 tanto Sergio González, técnico do Júnior Masculino "A", coma Breixo Solla, técnico do Júnior Masculino "B", comezarán a pretempada o próximo luns 1 de agosto ás 18:30 horas no Colexio Seis do Nadal.