jueves, 28 de julio de 2011

FRANCISCO GARCÍA ADESTRARÁ AO JÚNIOR FEMININO E AO SÉNIOR FEMININO A PRÓXIMA TEMPADA

.. ..

.

Os conxuntos Júnior Feminino e Sénior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/12 serán adestrados por Francisco García quen cumprirá a súa undécima tempada como membro do corpo técnico do club desde os seus comezos como adestrador na campaña 01/02.

.

Francisco García adestrará e dirixirá ao grupo Júnior Feminino, conxunto formado por xogadoras nadas nos anos 1994 e 1995, e ao Sénior Feminino, combinado que estará composto por xogadoras que xa militaban no equipo a tempada pasada e polas xogadoras júnior de segundo ano da campaña 2010/11.

.

O equipo Júnior Feminino competirá na Liga 2ª División Júnior Feminina que comezará a fin de semana do 18 de setembro do 2011, mentres que o equipo Sénior Feminino formará parte da Liga 2ª División Sénior Feminina.

.

Liga 2ª División Sénior Feminina

.

Esta Liga, tal e como indican as novas Bases de Competición da Federación Galega de Baloncesto, estará formada por 24 equipos da comunidad autónoma galega e serán os seguintes: equipos descendidos da Liga FGB Sénior Feminina 2010/2011, equipos participantes nesta categoría na tempada anterior e os equipos inscritos nos prazos previstos.

.

Os combinados repartiranse en dous grupos de 12 equipos cada un distribuidos por proximidade xeográfica, nos que se xogará unha liga regular, de ida e volta, entre os equipos participantes xogando un total de 22 xornadas en cada un dos grupos.

.

Ascenderán á Liga de 1ª División Autonómica Feminina, os equipos clasificados en primeiro lugar de cada un dos grupos e o Campión da Fase Final, fase que disputarán os equipos clasificados en 2ª e 3ª posición da Liga Regular de cada un dos grupos.

.

A primeira xornada da Liga Regular terá lugar a fin de semana do día 2 de outubro do 2011, sendo o sorteo do calendario o mércores día 7 de setembro na sede central da Federación Galega de Baloncesto.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

Os equipos Júnior Feminino e Sénior Feminino comezará os adestramentos de pretempada o próximo martes día 9 de agosto ás 21:00 horas na Praia de Samil.