miércoles, 27 de julio de 2011

CÉSAR ÁLVAREZ CONTINUARÁ AO FRONTE DO EQUIPO SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB

.. ..

.

A próxima tempada 2011/2012 César Álvarez continuará ao fronte do Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que xogará na Liga 2ª División Sénior Masculina.

.

César Álvarez cumplirá deste xeito a súa terceria tempada como adestrador principal do Sénior Masculino Autonómico que este ano competirá na Liga 2ª División Sénior Masculina, segundo a actualizada distribución de competicións das novas Bases de Competición da Federación Galega de Baloncesto para a tempada 2011/2012.

.

A tempada pasada o Sénior Masculino Autonómico, dirixido por César Álvarez, conseguiu a oitva posición da clasificación final da Liga FGB Sénior Masculina, despois de rematar na cuarta posición do Grupo Sur da fase regular cunha excelente segunda volta e igualando o balance de vitorias e derrotas do terceiro clasificado.

.

Liga 2ª División Sénior Masculina

.

A Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 estará formada por 24 equipos da comunidade autónoma galega e que serán os seguintes: equipos descendidos da Primeira División Sénior Masculina "Grupo A" da tempada pasada 2010/2011, equipos participantes na Liga Autonómica FGB Sénior Masculina na tempada pasada e non descendidos, e os equipos ascendidos á Liga FGB Sénior Masculina na tempada 2010/2011.

.

Os equipos repartiranse en dous grupos de 12 equipos cada un, distribuidos por proximidade xeográfica. Disputarase unha liga (ida e volta) entre os doce equipos participantes en cada un dos grupos, cun total de 22 xornadas en cada grupo. Para determinar a clasificación final desde a 7ª ata a 24ª posición celebrarse unha elimintario a ida e volta entre os combinados clasificados na mesma posición de ambos grupos.

.

Ascenderán á 1ª División Sénior Masculina os dous equipos clasificados no primeiro posto de cada un dos grupos da liga regular e o campión da Fase Final que disputarán o segundo e terceiro clasificado de cada grupo.

.

A competición oficial para o Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal comezará a fin de semana do 9 de outubro, co primeiro partido da fase regular. O sorteo do calendario será o martes 6 de setembro do 2011.