O SEIS DO NADAL - COIA NO 5º TORNEO INTERNACIONAL 12 HORAS DE MINIBASQUETE DO GD GAFANHA

.

.

Os equipos Alevín Masculino "B" e Alevín Feminino "B" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participarán o próximo día 5 de xuño do 2011 na Edición do Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet na Gafanha de Nazaré (Portugal), organizado polo G.D.G. Basquetebol.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará un ano máis nesta actividade do G.D.B. Gafanha, estando presente desde a primeira edición xa fai cinco anos. Os equipos que representará á entidade nesta nova ocasión serán o Alevín Masculino "B", Seis do Nadal Illas Cíes, adestrado por Alicia Álvarez; e o Alevín Feminino "B", Seis do Nadal SD Navia, adestrado e dirixido por Vinca Rolán.

.

Ao longo do Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet que organiza esta tempada 10/11 por cuarto ano consecutivo o G.D. Gafanha, os nosos equipos xogarán diversos partidos amistosos no Pavillón Municipal de Gafanha de Nazaré a partir das 9:00 horas e ata as 17:15 horas.

.

O calendario e os horarios de xogo do 5º Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet organizado polo G.D.G. Basquetebol son os seguintes:

.