viernes, 3 de junio de 2011

A CATEGORÍA CADETE PROTAGONIZA UNHA NOVA XORNADA DE TRABALLO PARA AS PRESELECCIÓNS GALEGAS

.

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto volve de novo á Estrada o domingo 5 de xuño do 2011 para levar a cabo unha nova xornada de traballo das súas Preseleccións Galegas Cadetes, masculina e feminia.

.

O Pavillón Municipal da localidade pontevedresa acollerá en horario de mañá a un grupo de 73 xogadores (38 xogadores e 35 xogadoras de categoría feminina) que están citados por parte dos seus seleccionadores responsables desta categoría.

.

Coma no caso dos seus compañeiros infantís, que tiveron a ocasión de traballar o pasado domingo día 29 de maio, estarán representados nesta nova convocatoria un amplo abano de clubs de Galicia, entre os que se atopa o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia convocados nesta nova concentración serán en categoría feminin Sara Araújo, Sara Fernández e Irea González, xogadoras as tres do Cadete Feminino, dirixidas por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez. Xa en categoría masculina foron convocados Adrián Covelo, David Gómez e José Paz, xogadores do Cadete Masculino "C", adestrados por Sergio González e Alicia Álvarez, que non asistirán á concentración por disputar o partido de volta da final da Copa FGB Cadete Masculina en A Coruña.

.

Os horarios dos adestramentos das preseleccións galegas cadetes durante a concentración do próximo domingo día 5 de xuño serán:

.

10:00 a 12:00 horas - Adestramento Cadete Feminino

12:00 a 14:00 horas - Adestramento Cadete Masculino