viernes, 3 de junio de 2011

O SEIS DO NADAL - COIA PRESENTE NO I CENTRO DE BALONCESTO ESCOLAR DA COMARCA DO MORRAZO

(Grupo de participantes na actividade e o técnico Breixo Solla)

.

A Federación Galega de Baloncesto e o Club Defensores do Morrazo puxeron o peche o pasado domingo día 29 de maio do 2011, no Pavillón Municipal de Reibón (Moaña), ao I Torneo e Centro de Tecnificación da Comarca do Morrazo de Baloncesto Escolar.

.

Na última xornada desta singular actividade, que se estendeu ao longo de catro domingos aunando competición escolar e centro de tecnificación benxamín e alevín, os pequenos nenos e nenas que se achegaron, traballaron fundamentos técnicos cos adestradores do propio club do Morrazo e cos técnicos convidados pola área Técnica da Delegacióin en Vigo da Federació Galega de Baloncesto, entre os que estivo Breixo Solla, adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Posteriormente, e coa participación do resopnsable deportivo da federación e dos responsables dos colexios convidados e contando tamén con representación do Concello moañés, cada un dos nenos e nenas participantes recolleron un agasallo, lembranza polo seu paso neste I Torneo.