O SEIS DO NADAL - COIA NA FESTA FINAL DO MINIBÁSQUET DA A.B. AVEIRO NA GAFANHA DE NAZARÉ

.

.

Os equipos Alevín Masculino "B" e Alevín Feminino "B" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participarán o próximo sábado día 4 de xuño do 2011 na Festa Final do Minibásquet da A.B. Aveiro aproveitando a nosa presenza no Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet na Gafanha de Nazaré (Portugal), sendo o Grupo Desportivo Gafanha o club organizador.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará nesta festa de fin de tempada do G.D.B. Gafanha, na que haberá partidos, xogos, vídeos, e moitas outras actividades. Os dous equipos que representarán á entidade nesta ocasión serán o Alevín Masculino "B", Seis do Nadal Illas Cíes, adestrado por Alicia Álvarez; e o Alevín Feminino "B", Seis do Nadal SD Navia, adestrado e dirixido por Vinca Rolán.