martes, 31 de mayo de 2011

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB XOGARÁ A FASE FINAL DA LIGA FGB ALEVÍN MASCULINA 2010/2011

(O Alevín Masculino celebrando a clasificación para a Fase Final)

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García, xa coñece o seu rival nas semifinais da Liga FGB Alevín Masculina da presente tempada 2010/2011.

.

Resoltos a pasada fin de semana os cruces de cuartos de final das Ligas FGB de Minibásquet masculina e feminina, xa está configurado o calendario das Fases Finais destas categorías, competicións que se celebrarán o próximo sábado día 4 de xuño, no Pavillón Polideportivo Lorenzo de la Torre en Santiago de Compostela.

.

Nos cuartos de final o equipo do Seis do Nadal - Coia se enfrontou ao Salesianos (Vigo) en dous partidos dominados pola igualdade entre ambos conxuntos e polo excelente xogo desplegado polos dous combinados vigueses. O partido de ida disputado no Colexio Salesianos rematou cun 73-83 a favor do Seis do Nadal, sendo no Colexio Seis do Nadal, no partido de volta, onde o Seis do Nadal lograba a clasificación para as semifinais cunha nova vitoria por 52-49.

.

Ademais do Seis do Nadal "A", tamén participarán na Fase Final de categoría alevín masculina o Maristas Lugo, Vales Villamarín (A Coruña) e Tui. En categoría feminina lograron a clasificación para esta cita o Pontumio, Cortegada (Vilagarcía de Arousa), BCA Mallos (A Coruña) e Carmelitas (Ourense). Os oito equipos anteriores darán vida a toda unha xornada que acollerá os encontros de semifinais, terceiros e cuartos posts e as decisivas finais.

.

Serán un total de 120 xogadores e xogadoras, entre ambas as dúas categorías, os que buscarán cos seus equipos o título de campións galegos nunha tempada na que se estrea o formato de competición.

.

No cruce de semifinais o Seis do Nadal "A" se enfrontará ao Maristas Lugo buscando unha praza na final que decidirá o novo campión galego da categoría. O partido terá lugar ás 10:00 horas no Pavillón Lorenzo de la Torre. A outra semifinal enfrontará ao Vales Villamarín de A Coruña e ao C.B. Tui ás 12:00 horas.

.

O calendario completo de partidos da Fase Final das Ligas FGB de Minibásquet da presente tempada 2010/2011 é:

.