AS ESCOLAS DEPORTIVAS E AS LIGAS LINCO DESPIDEN A TEMPADA 2010/2011 NO PAVILLÓN DE NAVIA

.

O pasado venres 27 de maio do 2011 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2010/2011 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Linorsa ´11, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia dentro do programa municipal de Escolas Deportivas.

.

A xornada comezou no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas. Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CPI Celso Emilio Ferreiro, CEIP Illas Cíes, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, CEIP A. Rodríguez Castelao, E.D.M. Balaídos (Grupos 1 e 2) e E.D.M. Berbés puideron despedir a tempada 2010/11 xogando contra os seus xa "compañeiros e amigos" de deporte.

.

Os máis de 200 xogadores e xogadoras que se reuniron no polideportivo de Navia puideron demostrar ao público todo o aprendido ao longo do curso que comezou no mes de outubro do pasado ano. Desde entón tódolos escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2011, cun total de 180 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para aprender e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete, júnior e sénior do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Na clausura estiveron presentes D. Jose Ángel Lago, Director Técnico do Insituto Municipal dos Deportes (IMD); D. Sergio González, Director Deportivo do C.Bc. Seis do Nadal - Coia; e algúns xogadores do AMFIV, equipo vigués de baloncesto en cadeira de rodas.

.

.

.

.

.