martes, 7 de junio de 2011

O EQUIPO BENXAMÍN FEMININO DO CLUB 13º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DVB BENXAMÍN MIXTA 2010/11

.

BENXAMÍN FEMININO

.

13º CLASIFICADO LIGA ZONAL 2010/2011

.

O equipo Benxamín Feminino, Seis do Nadal Feminino, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Leticia Estévez, rematou o Campionato Zonal DVB Benxamín Mixto da presente tempada 2010/2011 na décimo terceira posición da clasificación.

.

O conxunto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia competiu no Grupo "D" da primeira fase da competición, acadando a cuarto posto despois de doce encontros xogados cun balance de seis vitorias e seis derrotas. A clasificación final do Grupo "D" da Liga Zonal Benxamín Mixta foi:

.

.

A cuarta posición no Grupo "D", clasificou ao Seis do Nadal Fem para competir na segunda fase polos postos do 9º ao 16º. Nos cuartos de final desta segunda fase o noso conxunto se enfrontou ao R.C. Celta Caixanova, cruce que non se superou ao perder nos dous partidos xogados con resultados 14-26 na ida e 19-16 na volta.

.

No seguinte cruce no que se xogou polos postos do 13º ao 16º o conxunto benxamín feminino de Coia se enfrontou ao C.B. Tui "B" conseguindo empatar no partido de ida xogado en Tui cun resultado final 14-14 e conseguindo a vitoria por 2-0 no encontro disputado no Colexio Seis do Nadal.

.

Despois de superar o cruce ante o C.B. Tui "B" o Benxamín Feminino do club xogou polo 13º posto da competición ante o Divino Salvador. No encontro de ida disputado no Colexio Seis do Nadal se conseguiu superar ao Divino Salvador por 37-32, conxunto que na súa pista conseguiu a vitoria por 32 a 35. Deste xeito e pola diferenza de puntos o equipo Seis do Nadal Feminino remataba a competición da 13ª posición da Liga DVB Benxamín Mixta 2010/2011:

.

A clasificación final da segunda fase (9º-16º posto) da Liga Zonal DVB Benxamín Mixta 2010/2011 foi a seguinte:

.

9º- MARISTAS "A"

10º- COLEXIO GARCÍA BARBÓN

11º- RC CELTA CAIXANOVA

12º- CB BAIONA

13º- SEIS DO NADAL FEM

14º- DIVINO SALVADOR

15º- CB TUI "B"

16º- CB AIREXA NIGRÁN