martes, 7 de junio de 2011

O BENXAMÍN MASCULINO "A" DO CLUB 4º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DVB BENXAMÍN MIXTA 2010/2011

.

BENXAMÍN MASCULINO "A"

.

4º CLASIFICADO LIGA ZONAL 2010/2011

.

O equipo Benxamín Masculino "A", Seis do Nadal M-A, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por David Rodríguez, rematou a Liga Zonal DVB Benxamín Mixta da presente tempada 10/11 na cuarta posición da clasificación.

.

O conxunto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia competiu no Grupo "A" da primeira fase da competición, acadando o primeiro posto despois de catorce encontros xogados cun balance de trece vitoria e unha derrota. A clasificación final do Grupo "A" da Liga Zonal Benxamín Mixta foi:

.

.

A primeira posición no Grupo "A", clasificou ao Seis do Nadal M-A para competir na segunda fase polos postos do 1º ao 8º. Nos cuartos de final desta segunda fase o noso conxunto se enfrontou ao San José de la Guía, cruce que venceu na ida na pista do San José por 38-41 e no partido de volta no Colexio Seis do Nadal por 47-43.

.

No seguinte cruce de semifinais o equipo de Coia se enfrontou ao C.B. Tui "A". No partido de ida disputado no Colexio Seis do Nadal o noso conxunto non puido superar ao C.B. Tui rematando cun resultado final de 27-34. No partido de volta disputado na vila de Tui o Seis do Nadal M-A conseguiou a vitoria por 33-35, resultado que non foi suficiente para disputar a final da competición.

.

O último cruce que xogou o noso equipo foi o cruce polo 3º e 4º posto ante o Canteiras Masculino de O Porriño, no que en ambos partidos o Seis do Nadal - Coia non puido superar ao conxunto do club Porriño Baloncesto Base, rematando así na cuarta posición da Liga Zonal DVB Benxamín Mixta.

.

.

.

.

A clasificación final da segunda fase (1º-8º posto) da Liga Zonal DVB Benxamín Mixta 2010/2011 foi a seguinte:

.

1º- SALESIANOS MASCULINO

2º- C.B. TUI "A"

3º- CANTEIRAS MASCULINO

4º- SEIS DO NADAL M-A

5º- COMPAÑÍA DE MARÍA FEMININO

6º- C.B. ÁNDERSEN

7º- APÓSTOL MASCULINO

8º- SAN JOSÉ DE LA GUÍA