martes, 7 de junio de 2011

O BENXAMÍN MASCULINO "B" DO CLUB 21º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DVB BENXAMÍN MIXTA 2010/11

.

BENXAMÍN MASCULINO "B"

.

21º CLASIFICADO LIGA ZONAL 2010/2011

.

O equipo Benxamín Masculino "B", Seis do Nadal M-B, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Alicia Álvarez e Diego Montenegro, rematou a Liga Zonal DVB Benxamín Mixta da presente tempada 2010/2011 na vixésimo primeira posición da clasificación.

.

O conxunto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia competiu no Grupo "C" da primeira fase da competición, acadando o sexto posto despois de doce encontros xogados cun balance de tres vitorias e nove derrotas. A clasificación final do Grupo "C" da Liga Zonal Benxamín Mixta foi:

.

.

A sexta posición no Grupo "C", clasificou ao equipo Seis do Nadal M-B para competir na segunda fase polos postos do 17º ao 24º. Nos cuartos de final desta segunda fase o noso conxunto se enfrontou ao Colexio Mariano, cruce que non se superou ao perder no primeiro partido por 7-14 e empatar no segundo encontro no Colexio Mariano cun 15-15 final.

.

No seguinte cruce no que se xogou polos postos do 21º ao 24º o conxunto Benxamín Masculino "B" de Coia se enfrontou ao Franciscanas conseguindo dúas vitorias nos dous partidos disputados. No partido de ida xogado no Colexio Seis do Nadal rematou o partido cun 41-24 conseguindo no partido de volta unha nova vitoria por 52 a 33 .

.

Despois de superar o cruce ante o Franciscanas o Benxamín Masculino "B" do club xogou polo 21º posto da competición ante o Maristas "B". No encontro de ida disputado no Colexio Maristas se conseguiu superar ao Maristas "B" por 32-43, repetindo vitoria no Colexio Seis do Nadal en Coia por 27 a 21; conseguindo así a 21ª posición da Liga DVB Benxamín Mixta 2010/2011.

.

A clasificación final da segunda fase (17º-24º posto) da Liga Zonal DVB Benxamín Mixta 2010/2011 foi a seguinte:

.

17º- NIÑO JESÚS DE PRAGA

18º- SALESIANOS FEM

19º- AG CASTRO SAN MIGUEL

20º- COLEXIO MARIANO

21º- SEIS DO NADAL M-B

22º- MARISTAS "B"

23º- APÓSTOL MIXTO

24º- FRANCISCANAS