lunes, 6 de junio de 2011

O CADETE MASCULINO "C", SEIS DO NADAL SD NAVIA, CAMPIÓN DA COPA FGB CADETE MASCULINA 2010/2011

..

.

CADETE MASCULINO "C"

.

CAMPIÓN COPA GALICIA FGB 2010/11

.

O Cadete Masculino "C", Seis do Nadal SD Navia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez, proclamouse campión da Copa FGB Cadete Masculina 2010/2011 esta fin de semana en A Coruña.

.

O equipo do Seis do Nadal viaxaba ao pavillón coruñés de Ventorrillo para disputar o partido de volta da final da Copa FGB Cadete Masculina 10/11 cunha vantaxe de doce puntos conseguidos no partido de ida no polideportivo de Navia. O partido de ida rematou cun 92-80 no electrónico a favor do Seis do Nadal SD Navia despois de estar toda a primeira parte por debaixo no marcador, situación que unha vez superada fixo que o equipo local conseguira aumentar a diferenza co seu rival.

.

O partido de volta disputado o pasado domingo 5 de xuño en A Coruña tivo unha primeira parte idéntica ao partido de ida. O equipo de Básquet Coruña estivo sempre por diante no marcador, conseguindo amplas diferenzas que o Seis do Nadal sempre rompía achegándose de novo no marcador, rematando a primeira parte cun 34-31. Na segunda metade o Seis do Nadal conseguiu adiantarse no marcador, pero nesta ocasión o equipo coruñés non quería deixar escapar a eliminatoria. Cunha distancia de seis puntos a favor do Autocares J. Pombo se disputaron os dous últimos minutos do encontro, minutos nos que dita diferenza se mantivo rematando cun 70-63.

.

A vitoria conseguida no partido de ida en Vigo por doce puntos e o ser capaces de aproveitar dita vantaxe no partido de volta en A Coruña ao perder por sete puntos, proclamou ao Cadete Masculino "C", Seis do Nadal SD Navia, campión da Copa FGB Cadete Masculina 2010/2011. O cadro compelto da Copa FGB foi o seguinte:

.

..

..

..

..